Novos comisos de marisco na ría de O Burgo

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia levaron a cabo dous operativos contra o furtivismo na zona da Pasaxe, na Ría do Burgo. Ambas actuacións saldáronse con 4 persoas identificadas, coa incautación dunha embarcación e varios útiles e co comiso de 88 quilos de diferentes especies, entre elas, ameixa, caramuxo ou berberecho.