O IES de Foz convoca unha nova edición do concurso José Rodríguez Moldes

O Instituto de Educación Secundaria “Fraga do Eume” convoca unha nova edición do Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez Moldes. O certame naceu no ano 2000 como homenaxe a un profesor do centro falecido o ano anterior. Con esta XI edición consolídase un concurso que se está a converter nunha xuntanza tradicional de todos os centros de Hostalería da nosa comunidade.

No apartado de cociña, o centro continúa coa dinámica establecida a pasada edición cunha elaboración tradicional, ameixas á mariñeira, que deberá ser realizada exclusivamente cos ingredientes propostos nas bases do concurso e unha elaboración creativa a base de xiba. Os alumnos formarán parella representando aos centros invitados e realizarán as citadas elaboracións, que serán sometidos á degustación dos membros do xurado. A cita terá lugar o vindeiro xoves 4 de marzo.