O Grupo Parlamentario Popular, a instancia dos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez, rexistraron unha iniciativa de impulso na Cámara galega para instar á Xunta ao recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Ademais da súa oficialización, o PPdeG demandará do Executivo autonómico que se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste percorrido
Este itinerario, que está avalado por distintas investigacións históricas, percorre gran parte dos concellos do litoral da Mariña lucense. O trazado deste vieiro empeza en Ribadeo, continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e chega ata Neda, no que se funde co trazado oficial do Camiño Inglés chegando a Santiago.