A Consellería do Mar, a través do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, está representada na Feira “Mediterranean Seafood” que se celebra en Rímini (Italia) ata o vindeiro mércores. O obxectivo do departamento dirixido por Rosa Quintana é promocionar os productos frescos e transformados do sector pesqueiro galego no mercado italiano así como potenciar a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo neste evento internacional.
O posto da Xunta de Galicia contará con coexpositores de 10 empresas diferentes, relacionadas co mundo do mar. A “Mediterranean Seafood” xa anunciou o seu interese en sectores coma o da acuicultura, tanto marítima coma terrestre.