A concelleira de Participación Cidadá de Santiago, Guadalupe Rodríguez, presentou a iniciativa “Fai o Camiño connosco”, que se pon en marcha coa colaboración do Club de Sendeirismo Vía Láctea e no marco do programa Xacobeo 2010, Espazo de Participación. Neste ano no que todos os camiños conducen a Santiago, ofrécese a posibilidade de realizar cinco rutas de sendeirismo, duns 20 quilómetros cada tramo; tres rutas tradicionais polas etapas galegas dos camiños francés, portugués e de Fisterra; e unha ruta marítima polo mar de Arousa.
Realizaranse as etapas os sábados. A primeira delas será o 20 de marzo. A ruta do Mar de Arousa e Ulla realizarase o 10 de xullo.
Realizaranse as etapas os sábados. A primeira delas será o 20 de marzo. A ruta do Mar de Arousa e Ulla realizarase o 10 de xullo.