Turgalicia promociona o campismo en Alemaña

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, presenta estes días a oferta turística de Galicia para o ano 2010 relativa ao campismo e ao autocaravaning na feira Reise Camping, de Essen (Alemaña). Nesta feira, farase unha presentación da oferta do campismo galego, o Turismo de Natureza, o de Costa e o Cultural da Comunidade galega para o ano 2010, e incidirase nas amplas posibilidades que ofrece a rede de cámpings de Galicia.

Neste certame turístico, Turgalicia contará cun espazo promocional propio, cunha superficie de 48 metros cadrados de deseño, para presentar os productos galegos relacionados co campismo e a natureza aos operadores turísticos e ao público xeral.