A especialización semella ser unha saída válida en tempos de crise. Así o entenderon dous veciños do Salnés que teñen previsto crear un hotel micolóxico no concello de Meis. O proxecto foi presentado a unha liña de axudas do Agader e vén de obter un premio do GDR de O Salnés.
Estes dous empresarios –segundo recolle Faro de Vigo- teñen previsto acondicionar un hotel de poucas habitacións nun terreo da súa propiedade en Meis e crear unha zona de bosque onde pretenden cultivar setas.