Sober acollerá, os días 27 e 28 de marzo, a edición número trinta da Feira do Viño de Amandi, na que participarán un total de vintecinco adegas da Ribeira Sacra. A organización estableceu un prezo de cinco euros para a botella de viño, similar ó dos últimos anos.
O contido do programa está moi avanzado, se ben non está pechado na súa totalidade. O que si se sabe é que volverá haber un servizo de transporte colectivo dende Monforte para todos aqueles que non queiran desprazar o seu coche particular.