As consellerías do Medio Rural e de Cultura e Turismo colaboran, por quinto ano consecutivo, nunhas xornadas sobre o Parque Natural Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas para formar e orientar aos guías e informadores turísticos na divulgación e difusión dos valores naturais e culturais deste ecosistema protexido. Estas xornadas, que contan co apoio do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, son de carácter gratuíto e celebraranse os días 12 e 13 de marzo de 2010. Péchase o prazo de solicitudes o vindeiro venres 5 de marzo.
As actividades propostas contan dunha parte teórica e outra práctica coas que se pretenden dar a coñecer aos profesionais do sector turístico os valores do Parque para unha correcta difusión aos numerosos visitantes que chegan e este espazo natural. Aqueles interesados en participar poderán remitir a súa solicitude ao fax 986246553 ou ao enderezo electrónico iatlanticas@xunta.es.