A Xunta finaliza o debate asociativo pola Lei de Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo vén de finalizar esta semana a rolda de reunións co sector para a modificación da Lei de Turismo de Galicia. A primeira modificación debeuse á necesaria adaptación da mesma á Directiva 2006/123/ CE do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de decembro de 2006 relativa aos servizos no mercado interior. A existencia de certos artigos na devandita lei que a fan incompatible coa directiva obrigaron a introducir estas modificacións xa que a lei ten que estar trasposta a normativa nacional antes de finais de ano.

As razóns desta modificación radican na necesidade de supresión das contradicións entre a exposición de motivos e o articulado da actual lei; a falta de consenso co sector e a modificación do Consello Galego de Turismo, que perdera a representatividade do sector e funcións, sinala a Xunta.