O stand da Consellería do Mar acolleu ao mediodía na feira Alimentaria Barcelona unha degustación dedicada ao Mexilón de Galicia. A cata, ofrecida polo Consello Regulador do Mexilón estivo dirixida polo cociñeiro Javier Rodríguez, Taky, do Catering Boketé da Coruña, que estivo acompañado polo cociñeiro do restaurante de España de Lugo, Héctor López. Ámbolos dous pertencen o Grupo Nove.
Os asistentes puideron probar catro receitas diferentes que mesturaban o mexilón con outros produtos galegos nas recetas de: mexilón marinado con salmorejo e pan de millo, mexilón con cachelos á feira e outros ingredientes.