O Encontro Degustación do Millo Corvo de Meiro, en Bueu, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, celebra este ano 2010 a súa décimo-segunda edición e vén de publicar o programa de actividades para o último venres, sábado e domingo de marzo.
O venres 26 de marzo no Muíño da Presa en Canudo, Bueu, poderase disfrutar ao longo de toda a xornada de actuacións de música tradicional con pandeiretas e gaitas. As 12.00 da notite realizarase a lectura do conxuro e a posterior queimada.
O sábado a partires das 19.00 horas asistirase á Ecotaberna, lugar onde se elaborarán diferentes tapas e pratos elaborados co millo corvo. Media hora despois terá lugar o obradoiro, coa fabricación artesanal de biodiésel. As 20.00 horas comezará o Festival Pan de Millo, con actuacións das escolas de gaita e baile tradicional e a actuación da charanga Lembranzas da Ría.
O domingo ás 11 da mañá celebrarase un roteiro de senderismo aos muíños da man de Manuel Aldao. Ao mesmo tempo procederase á apertura das carpas gastronómicas e de artesanía, nas que se presentará a revista 'A lingua do Corvo', leerase o pregón e actuarán grupos folclore da comarca.
Todo isto amenizado por obradoiros e charlas que farán, seguramente, as delicias dos presentes.