A Consellería de Cultura e Turismo presentou ao Consello da Xunta o resultado do Plan de Inspección Turística do Camiño de Santiago que se desenvolveu durante o segundo semestre de 2009 co obxectivo de diagnosticar a situación previa dos establecementos polos que discorren os Camiños ante a celebración do Ano Santo.
A actividade inspectora realizouse dende unha dobre perspectiva: asesora e informadora por unha banda, e fiscalizadora e de supervisión por outra.
Os resultados amosan un total de 863 establecementos visitados nos oito Camiños de Santiago, onde se levantaron 25 actas de infracción para reprimir irregularidades ou incumprimentos da normativa que non foron corrixidos, e 722 actas de constancia dirixidas a advertir e requirir sobre a emenda de irregularidades detectadas.