Turismo clausura a xornada de sensibilización de calidade turística da Coruña

Carmen Pardo, secretaria xeral para o Turismo, clausurou as Xornadas de Sensibilización e Calidade Turística no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña onde quixo recalcar a importancia de Galicia, especialmente nos subsectores do turismo rural e termal, nos que figura nos primeiros postos do ranking de Q de Calidade.

Na actualidade, Galicia conta con 152 establecementos certificados coa Q, dos cales un 22,4% dos aloxamentos rurais son galegos e o 21% dos balnearios localízanse en Galicia. Entre as iniciativas que están a levar a cabo na consellería para a promoción destaca o Plan de Calidade Turística, que conta co apoio da Administración autonómica para a certificación xeralizada de todos os subsectores turísticos.

Pardo explicou que o Plan de Acción do Turismo de Galicia realizase coa participación de todos os axentes do sector turístico, as liñas de axuda neste ámbito de calidade e o tocante á oferta complementaria.

O investimento concreto destinado á implantación da marca Q desde Turgalicia ascente aos 600.000 euros mentras que os aspectos xestionados dende a Secretaría Xeral aproxímanse aos 7.000.000 de euros.