O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse cos representantes do Concello, hostaleiros, empresarios e comerciantes da cidade para analizar a promoción do Xacobeo 2010 e as liñas de traballo comúns na celebración do Ano Santo.
Varela expresou a súa satisfacción ante o resultado da reunión que describiu omo "positiva e optimista" e expresou a súa confianza de que "entre todos fagamos o mellor Xacobeo da historia". Tamén fíxose eco das previsións do BBVA ao fío do seu patrocinio, agardando "9,5 millóns de visitantes e un crecemento do PIB de máis dun 0,5 por centro respecto ao crecemento medio do resto do Estado".
Igualmente, o conselleiro anunciou unha maior presenza de Santiago de Compostela na campaña de promoción do Ano Santo. Ademáis de reforzar a promoción con un par de alusións á capital galega, a nova ofensiva de márquetin emprega a imaxe da Catedral como telón de fondo.