A Xunta amplía aos subsectores de aloxamentos e servizos de restauración a introdución e certificación de calidade turística
A Consellería de Cultura e Turismo, seguindo a liña de colaboración no presente ano 2010 co sector das axencias de viaxes, vén de asinar dous novos acordos de colaboración para a introdución e desenvolvemento dos programa de calidade en materia turística asociados á marca Q. Por unha parte, asináronse convenios coa Asociación Galega de Turismo Rural, AGATUR, coa Federación Galega de Turismo Rural, FEGATUR, e coa entidade Pazos de Galicia, ao obxecto de fomentar a implantación da calidade turística, por medio da certificación da marca Q, do Sistema de Calidade Turística Española entre os aloxamentos rurais de Galicia.
Doutra banda, asináronse convenios coa Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) e a Asociación Galega de Cámpings, no referido aos aloxamentos hoteleiros, servizos de restauración e cámpings e cidades de vacacións. Para financiar estes acordos destinaranse 239.200 euros, dos que 167.440 constitúen a achega de Turgalicia.