Os conselleiros de Medio Rural, Samuel Juárez, e do Mar, Rosa Quintana, asistiron o 23 de marzo ao Consello Consultivo de Agricultura e Pesca no recinto feiral Alimentaria Barcelona, onde aproveitaron para convidar a que o vindeiro consello se celebre en Galicia.
Os conselleiros analizaron co Ministerio e as autonomías os temas principais que afectan ao sector e que tratarán no Consello de Ministros da vindeira semana en Bruselas. Despois da reunión, ambos procederon á sinatura do Libro de Honra da Feira Alimentaria 2010.