A Consellería de Economía e Industria, a través do Inega, colaborará coa Consellería de Medio Rural, da man da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), en materia de investimentos en enerxías renovables no medio rural, de acordo a un convenio de colaboración fixado entre ambos organismos, que recentemente foi asinado polos seus responsables.
Dado que tanto o Inega como a Axencia adscrita á Consellería do Medio Rural, Agader, teñen liñas de axudas similares de apoio e fomento ás enerxías renovables para o desenvolvemento de proxectos de enerxía solar, tanto térmica como fotovoltaica, dirixidas en ambos casos a concellos, o que se pretende a través deste convenio é establecer criterios claros de delimitación respecto a que actuacións serán subvencionadas polo Inega e cales por Agader.
O obxectivo prioritario que se procura, tanto por parte do Inega como de Agader, con este marco de colaboración estable é evitar o solapamento e a duplicidade de axudas, logrando así a súa complementariedade e diversificar e incrementar o número de concellos beneficiarios das subvencións de fomento das enerxías renovables que ten establecidas a Xunta de Galicia.