Axudas a empresas para actividades relacionadas co Camiño de Santiago

O DOGA vén de publicar as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación, protección e difusión dos Camiños de Santiago.

Etas intervencións do patrimonio inmoble deben ter consideración de actuacións menores, executarse dentro do mesmo territorio dos Camiños de Santiago e ter un impacto visual directo sobre o mesmo. O importe máximo por beneficiario será de 3.000 euros.

Dentro desta orde tamén están incluídas actividades de promoción e formación sobre os elementos patrimoniais e valores culturais asociados ao Camiño de Santiago, tales como campañas publicitarias, xornadas, seminarios, cursos, material divulgativo, referidas as rutas do Camiño.