O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, presentou o concurso para a marca turística da cidade. Unha marca que deberá proxectar a imaxe coa da Coruña para atraer aos potenciais turistas. A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo será quen tome a decisión sobre a marca e contará co asesoramento dun Comité de expertos integrado por profesionais altamente cualificados.
Paralelamente terá lugar a elaboración dun test de marca, mediante a selección de turistas-clientes potenciais entre España e Portugal aos que se lles pedirá opinión sobre as propostas presentadas. A participación popular exercerase a través dunha web con todos os requisitos de seguridade e control, que permitirá a participación cidadá para que todas as persoas que o desexen podan opinar sobre a marca. Con este procedemento, tal e como salientou Henrique Tello, o que se pretende é “crear unha marca que conte coas maiores referencias e cohesión social”.
O concurso conta cun orzamento de 35.000 € (sen IVE) e o seu prazo de execución remata o 10 de xuño. As empresas ou UTES que opten ao concurso teñen a súa disposición na páxina web de Turismo e na do Concello tanto o pliego de condicións como unha serie de documentos de utilidade para a definición da marca turística da Coruña.