A Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur, vén de emitir o balance empresarial do primeiro trimestre do turismo nacional e destaca o bo comportamento do turismo en Galicia, impulsado polo Xacobeo. O ano abriu cun incremeno das vendas das empresas turísticas en Galicia por efecto do Xacobeo e tamén na Rioxa, Navarra e especialmente en Aragón, así como nas cidades, entre as que sobresaen Madrid, Barcelona, Valencia e Zaragoza. Do mesmo xeito, Galicia amosou incrementos da rendabilidade das empresas neste primeiro trimestre de 2010, gracias aos bos resultados obtidos polos seus produtos máis diferenciados.
No informe tamén se reflicte un balance positivo da Semana Santa, amparado nunha maior afluencia interna da prevista, que induciu unha mellora dos niveis de confianza dos empresarios turísticos. Malia todo, segundo o informe de Exceltur, o sector turístico español segue inmerso nunha guerra de prezos que afecta á maior parte dos subsectores que compoñen a cadea de valor dos destinos.