O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) organiza un novo seminario sobre “Xestión e comercialización de turismo rural, enoturismo e turismo termal” dirixido a 13 propietarios de hoteis da provincia de Salta (ao noroeste de Arxentina). O programa desenvólvese ata o 5 de maio nas instalacións da Barcia, en Santiago de Compostela.
As actividades combinan clases teóricas (diversas conferencias con profesionais do sector) e traballos de campo (visitas a empresas de turismo rural, enoturismo e turismo termal). Este curso pretende promocionar o turismo de Galicia, principalmente o turismo rural –tendo en conta a ampla oferta existente en todas as provincias galegas-, o termalismo galego –facendo especial incidencia no desenvolvido na provincia de Ourense- e por último o enoturismo, que potencia a riqueza vitivinícola de Galicia –no curso destácase a Ribeira Sacra e o Ribeiro-.
Este é o segundo curso que o CSHG imparte a profesionais da provincia arxentina de Salta no que vai de mes de abril.