Investigadores do Centro Tecnolóxico do Mar están a participar xunto a expertos de España e Portugal nun experimento para avaliar o impacto do cambio climático nas comunidades de algas. O obxectivo principal desta iniciativa, que se iniciou este mes no laboratorio da Fundación CETMAR, é determinar os efectos do incremento da temperatura e do CO2 en especies nativas e invasoras.
O experimento enmárcase dentro dos proxectos CLINVA e MACC, subvencionados polo Ministerio de Ciencia e Innovación e por AXA Foundation respectivamente, que terán unha duración de tres anos. Nese tempo realizaranse estudios experimentais de manipulación en ecosistemas intermareais rochosos e areosos. Trátase de proxectos multidisciplinares que contan coa colaboración de investigadores das institucións citadas.