Madrid vive a música folk e a danza tradicional galega

Xacobeo Raíces trasládase a Madrid para celebrar un espectáculo que reunirá no escenario do teatro Circo Price, a máis de 40 músicos e 16 bailaríns. Trátase da actuación de Sondeseu Orquestra Folk, unha agrupción formada por alumnos e profesores da Escola de Música Tradicional Folk E-Trad de Vigo, que imprimirá o sabor galego a Madrid e que presentará, ademais, o seu novo disco Barlovento, inspirado nas embarcacións tradicionais. A actuación estará acompañada polos bailaríns de O Fiadeiro.

O ciclo Xacobeo Raíces entra na súa recta final ata o seu remate o vindeiro mes de xuño cun concerto de Luar na Lubre.