O Concello de Lugo convoca o concurso de carteis para o San Froilán

A Concellería de Cultura e Turismo de Lugo convoca, un ano máis, o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2009. O prazo para presentar os traballos está aberto dende o día 28 de abril ata ás 14:30 horas do venres 28 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo.

As técnicas son libres e, neste ano 2010, no que se celebra o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial o motivo xirará arredor do monumento. O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.