O embaixador español no Vaticano brinda con Ribeiro

Unha comitiva da D.O. Ribeiro, encabezada polo presidente do Consello Regulador, Luis Anxo Rodríguez, viaxou a Roma para reunirse co embaixador de España ante a Santa Sede, Francisco Vázquez. A recepción celebrouse na vivenda do embaixador no Palazzo di Spagna.

Integrada no plan do Consello Regulador para achegar a realidade da D.O. e dos seus viños aos sectores de interese, a visita a Roma xurde co obxectivo de favorecer o vínculo establecido coa embaixada de España na Santa Sede o pasado ano, cando se enviaron os viños galardonados na XLVI Feira do Viño do Ribeiro.