O Instituto Galego de Promoción Económica vén de presentar un novo Plan de Axudas denominado Plan re-Forza 2010, destinado a empresas e agrupamentos galegos, como é o caso por exemplo dos Clústers, para apoiar a súa internacionalización.
Entre as principais novidade das liñas de apoio figuran o respaldo a centros de promoción compartidos por grupos de empresas e un impulso ás implantacións comerciais no exterior, apoio a asistencia técnica ás empresas galegas nos mercados de destino e a presenza en feiras internacionais en Galicia e en mercados Duty free.
Esta iniciativa unida á recente convocatoria da liña de apoio á contratación de xestores de exportación, preténde prestar un servizo de apoio durante todo o proceso de internacionalización. Para levar a cabo este proxecto cóntase cunha partida de case 15 millóns de euros.