O Concello de Ourense pon en marcha unha campaña de promoción turística que se prolongará ata o vindeiro 2 de maio. Baixo o lema “Ourense. Máis do que imaxinas”, desenvolverase un amplo programa de actividades que engloba dende a Feira de Artesanía, o Mercado das Flores, o Mercado de Antigüidades ou a Festa dos Maios.
A campaña chegará a 90 puntos diferentes de Galicia de cara a fomentar o turismo de proximidade. A primeira cita será a Feira de Artesanía que se desenvolverá entre mañá e o 2 de maio. Outra das actividades será a terceira edición da Feira de Gastronomía que se celebrará na Praza Maior a partir do 29 de abril.