O Concello de Sanxenxo repartirá 1.800 euros en premios dentro do Concurso de Cociña da Festa da Raia de Portonovo, celebración que se prolongará do 30 de abril ao 2 de maio. O primeiro clasificado, tanto na categoría de amateur como de profesional, recibirá 450 euros; os segundos, 300 euros e os terceiros, 150.
O xurado valorará a orixinalidade, a creatividade, a presentación e o bo sabor das receitas, que deberán conter alomenos 300 gramos netos de raia.
O xurado valorará a orixinalidade, a creatividade, a presentación e o bo sabor das receitas, que deberán conter alomenos 300 gramos netos de raia.