O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela compareceu no Parlamento de Galicia para presentar as liñas básicas de actuación do Plan de Acción do Turismo de Galicia. Segundo Varela, "este plan é un documento de consenso, resultado dun estreito traballo de colaboración entre a Administración Pública e o ámbito privado que favorecerá un cambio na estratexia turística galega".
O conselleiro asegurou que a aplicación deste Plan "redundará nun beneficio para os nosos cidadáns, para a difusión da nosa cultura e para o impulso da noa industria turística". Este documento de traballo, creado a partir de todos os sectores implicados "será a nosa folla de ruta a medio prazo, que guiará o sistema de traballo da política turística de Galicia para os vindeiros anos".