O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, compareceu no Parlamento de Galicia para informar do estado do Cuartel de San Fernando, na cidade de Lugo, a súa declaración como BIC e o proxecto de construción do Centro de Interpretación e Museo da Romanización. O director xeral confirmou que se presentaron un total 68 propostas do anteproxecto para este concurso internacional e que o vindeiro 3 de maio reunirase un xurado formado por profesionais de recoñecido prestixio que escollerá a proposta gañadora.
A Consellería de Cultura e Turismo destina nos seus orzamentos de 2010 un total de 400.000 euros para a celebración de dito concurso de anteproxectos e honorarios do posterior proxecto básico de execución e dirección de obra. José Manuel Rey Pichel afirmou que en base a este proxecto, “o Centro de Interpretación e Museo da Romanización se converterá sen dúbida nunha infraestrutura de referencia na Unión Europea”.