O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou a programación do Xacobeo Filme, un ciclo temático de cine e animación que aglutina once festivais que se celebran en todo o territorio galego. Esta iniciativa supón unha aposta pola industria audiovisual, que se converteu nun dos sectores estratéxicos de Galicia, ademais de ser un referente a nivel nacional e internacional, avalado polos múltiples premios e recoñecementos recibidos.
O ciclo proporcionará un mapa de situación do que está ocorrendo no panorama cinematográfico galego, un sector caracterizado pola diversidade, tal e como se reflicte na variedade de estilos e contido dos diferentes festivais que foron seleccionados por Xacobeo 2010 para integrar esta iniciativa, entre outros, o Play-Doc, o Festival de Cans, o Festival Internacional de Ourense ou Cineuropa.