A Consellería do Mar entregoulle 400.000 unidades de ameixa babosa á Confraría de Pontedeume. Os moluscos foron colocados por técnicos do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e por un biólogo da Confraría nunha batea propiedade deste colectivo para proceder ao seu preengorde.
Os profesionais do CIMA prevén que dentro de 4 meses estes exemplares acaden a talla media de 25 mm. Será nese momento cando se realice a sementeira nas zonas marisqueiras da Confraría de Pontedeume.
Os profesionais do CIMA prevén que dentro de 4 meses estes exemplares acaden a talla media de 25 mm. Será nese momento cando se realice a sementeira nas zonas marisqueiras da Confraría de Pontedeume.