Autorizan a extracción da vieira na ría de Ferrol despois de 13 anos

A Consellería do Mar autoriza a extracción de vieira na Ría de Ferrol tras 13 anos nos que esta actividade non era posible debido á presenza de niveis superiores aos legalmente establecidos de toxina ASP, que non permitían a súa comercialización tralo obrigatorio proceso de evisceración.

A zona autorizada para a extracción é a delimitada pola liña entre Punta Leiras e Punta Vispón e a liña que une Punta dos Castros con Punta Caranza. A empresa interesada en realizar as tarefa de eviceración esta primeira semana é Ameixa de Carril.