Cerdedo recupera a galiña ao sal

O Concello de Cerdedo propúxose recuperar a galiña ao sal como reclamo gastronómico. Trátase dun prato típico desta zona, en especial de Quireza, que ata hai un par de décadas era parte do menú de moitos fogares de Cerdedo. O goberno local descarta a celebración dunha festa gastronómica para potenciar o prato pero, segundo recolle La Voz, estuda outras alternativas. Entre elas, que os restaurantes do municipio a volvan incluír nas súas cartas.