Uns 200.000 alumnos de Primaria e Secundaria de toda España participan no concurso escolar sobre o Camiño de Santiago organizado por Xacobeo 2010. Nel tomarán parte preto de 1.000 centros de ensino e case 11.000 profesores e abrangue a nenos e mozos de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. A Xunta espera que sexa “unha ferramenta lúdica e participativa para trasladar aos máis novos o significado e os valores positivos da ruta xacobea”.
Con esta acción, Xacobeo 2010 quere transmitir valores tan importantes para o desenvolvemento das persoas coma o compañeirismo, a solidariedade, o esforzo persoal, o afán de superación, a convivencia, a hospitalidade ou o respecto a outras culturas, asociados, todos eles, á ruta xacobea.