Turismo da Coruña ven de participar na edición do IMEX 2010, en Frankfurt, un salón especializado en turismo de reunións ao que acuden máis de 3.500 expositores de máis de 150 países.
Esta feira é unha cita imprescindible para os planificadores de eventos e todas as empresas e institucións relacionadas con este sector entre as que se atopa Turismo da Coruña. O obxectivo é dar a coñecer ao mercado internacional a oferta congresual da cidade, con infraestruturas como Palexco ou Expocoruña, así como a oferta hoteleira.
Durante o pasado exercicio A Coruña acolleu 106 reunións de carácter profesional no que participaron 40.300 persoas. O promedio de duración destes eventos foi de dous días e deixaron na cidade un impacto económico de máis de 16 millóns de euros. Os meses de setembro e outubro foron os que rexistraron un maior número de reunións contribuindo de xeito decisivo á desestacionalización da oferta turística. Máis da metade das convencións.