Novos comisos dos Gardacostas

Axentes do Servizo de Gardacostas incautáronse de 576 aparellos de pesca e comisaron 339 quilos de diferentes especies de peixe e marisco en 12 operativos desenvolvidos durante a fin de semana nas rías galegas. O polbo é unha das especies que foron capturadas e devoltas ao mar pois xa comezou a veda. Tamén segue en veda a nécora, ata o vindeiro 5 de xullo.



Con respecto a este tema, o portavoz de Pesca do grupo parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, vén de presentar unha iniciativa dirixida ao Goberno galego sobre as medidas previstas contra o furtivismo na zona de Sanxenxo, Vilaxoán, Vilanova de Arousa e Carril “que están a crear graves prexuízos para o sector marisqueiro destas zonas”. Lobeira quere saber que medidas vai tomar a Xunta para paliar esta situación.