A cooperativa Condes de Albarei foi escollida polo Consello Galego de Cooperativas como entidade organizadora do Día do Cooperativismo Galego. Para a elección de Condes de Albarei tívose en conta o forte compromiso social que esta cooperativa, que aglutina a máis de 500 familias do Salnés, vén amosando dende a súa creación.
Os actos celebraranse o vindeiro 3 de xullo nas recentemente remodeladas instalacións do Pazo de Baión que hai dous anos que pertence á cooperativa cambadesa. Ao longo da xornada entregaranse os IX Premios ao Cooperativismo e celebrarase un xantar de confraternidade. Prevese a asistencia de máis de 2.000 representantes de todas as cooperativas galegas.