Posta en valor dos xacementos de A Lanzada e O Castro

A Deputación de Pontevedra e o CSIC asinan un convenio de colaboración para recuperar e pór en valor os xacementos arqueológico de A Lanzada en Noalla (Sanxenxo) e de O Castro, en Besomaño (Ribadumia). O acordo, encadrado no marco do Proxecto Pousadas e cofinanciado con Fondos FEDER pretende restaurar os achádegos, converter a escavación nun proxecto aberto por obra que sexa visitable tanto durante como unha vez finalizados os traballos de campo.

O investimento realizado ascende a preto de 600.000 euros, dos cales a metade serán aportados pola entidade provincial.