A Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade ten xa disposto o seu Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño para o verán, deseñado para previr os riscos que para a saúde da cidadanía pode ter o uso recreativo das augas de baño. O censo oficial das zonas de baño de Galicia para a presente temporada inclúe 497 zonas de baño, que se reparten en 110 concellos, con 517 puntos de mostraxe. Destas zonas de baño, o 88% son marítimas e o resto son fluviais ou continentais.
Segundo estas cifras, Galicia é unha das primeiras Comunidades Autónomas do Estado no número de zonas de baño controladas, tanto marítimas como continentais.
Segundo estas cifras, Galicia é unha das primeiras Comunidades Autónomas do Estado no número de zonas de baño controladas, tanto marítimas como continentais.