A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, será a encargada de xestionar a primeira delegación que o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) vai poñer en marcha en Galicia proximamente. Así o contempla o convenio de colaboración asinado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o presidente do Instituto para a Calidade Turística Española, Miguel Mirones.
Turgalicia vai actuar como interlocutor entre o ICTE e as entidades turísticas galegas, velando polo correcto desenvolvemento dos procesos de calidade, de acordo aos reglamentos e procedementos existentes nesta materia, así como potenciar, promocionar e difundir a cultura da calidade en Galicia. Con esta son xa 22 o número de delegacións coa que conta o ICTE ao longo da xeografía española.