O terceiro domingo de xullo celebrarase a Festa do Pemento do Couto, a primeira dende que este produto conseguise a IXP. Para promocionalo aínda máis vén de crearse a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto da que formarán parte autoridades, produtores e demais persoas que apoian o cultivo deste produto. Ademais, celebraranse unhas xornadas técnicas que comezarán o día 28.
Outra das hortalizas que conseguiu o distintivo europeo é o Pemento de Herbón, que estará nos mercados no mes de xuño. Os primeiros exemplares do ano xa están á venda pero case dun xeito testemuñal. Comercialízanse a seis euros a bolsa.