O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro asiste á feira anual Iberwine, que nesta ocasión se celebra en Valladolid. Por medio da representación do Consello están presentes os seguintes viños da D.O: Viña Costeira, Terra do Castelo Godello, Viña Farnadas, Casal de Paula D.H., Alberte, Casanova, Viña do Campo, Cunqueiro III Milenium, Sameirás, Eduardo Peña, Sanclodio, Viña Mein, Finca Teira, Gran Reboreda, Casal de Armán e Extramundi.
O Consello Regulador conta cun stand de 25 metros cadrados no que profesionais da hostalería, distribución, minoristas e prensa especializada poderán probar as 16 marcas de viño do Ribeiro. Deste xeito, os visitantes poderán degustar unha variedade de viños da D.O., co que poderán levar unha ampla visión da mesma.
Os viños Viña Costeira e Cunqueiro III Milenium participan tamén nunha actividade paralela que organiza a feira Iberwine no sector da hostalería de Valladolid. Nesta actividade, que é un concurso denominado Un vino para una tapa, participan varios locais de cidade valisoletana.