Viaxe de familiarización no seo de 'Vende Galicia’

A Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, vén de organizar unha viaxe de familiarización para dezaoito técnicos especializados en turismo procedentes das oficinas de turismo situadas na provincia de A Coruña e o norte de Lugo á Ribeira Sacra e ao Courel, no seo do programa ‘Vende Galicia’, promovido a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia.

O obxectivo desta iniciativa é a de conseguir que os técnicos das oficinas de Turismo destes lugares promocionen e prescriban os destinos da Galicia interior nos seus lugares de orixe, sempre cunha visión integradora e de complementariedade do destino.

Ademais con esta acción tamén se pretende potenciar as relacións interterritoriais entre os diferentes destinos turísticos da nosa comunidade.