A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, inauguro en Lalín a nova oficina de información turística desta localidade, nun acto no que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Xosé Crespo, e o concelleiro de Turismo, Nicolás Varela, e no que salientou a importancia de seguir apostando polas potencialidades que ofrece o turismo interior na nosa comunidade.
Carmen Pardo afirmou que a capital do Deza, un dos municipios máis importantes da comunidade e “verdadeiro quilómetro cero de Galicia”, é tamén “un auténtico centro neurálxico grazas á equidistancia respecto ás principais cidades galegas e ás excelentes comunicacións por estrada e autoestrada, o que o converte nun lugar idóneo para o turismo”.