O cinema e a música chegan da man do Xacobeo 2010 a terras galegas en sendas iniciativas que se desenvolverán nos vindeiros días. Trátase do ciclo de cinema chinés 'Beijing Time. A hora de China' e o festival 'Vigo Transforma' co seu programa 'Vasos Comunicantes'.
O primeiro é un proxecto cultural que conta coa colaboración de Casa Asia e co programa de cine de verán do Centro Galego de Arte Contemporáneo e que se desenvolverá tódolos mércores a partir do 30 de xuño e ata o 28 de xullo no auditorio do CGAC de Compotela. Na mostra incluiranse produccións insubstituíbles no marco da historia recente do cine do país asiático.
Pola súa banda, o festival Vigo Transforma é unha iniciativa musical que complementa a programación deste Ano Santo e que se desenvolverá do 2 ao 10 de xulo na contorna urbana da cidade olívica, achegando aos cidadáns e visitantes sorprendentes iniciativas, perfomance e obradoiros gratuitos.
Con estas actividades, Xacobeo reforza a aposta pola programación baseada na calidade das propostas e a diversidade de estilos e temáticas.