Os profesionais do sector da hostalería de Pontevedra poderán actualizar e mellorar os seus coñecementos en centros dependentes da Consellería de Educación, ao abeiro dun convenio asinado por este departamento e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS). Tal e como explicaron o conselleiro, Xesús Vázquez, e o presidente da federación, José Manuel Magaz, o acordo contempla o desenvolvemento de actividades formativas nos dous centros da provincia que imparten ensinanzas de formación profesional da familia de hostalería e turismo, nomeadamente no IES Manuel Antonio (Vigo) e no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
O acordo, de carácter anual e prorrogable, permitirá que se desenvolvan programas formativos nos devanditos centros, ambos de titularidade pública e dependentes da Consellería de Educación. Nestes espazos FERPROHOS, que se fai cargo dos custos ocasionados polo desenvolvemento destas accións formativas, poderá dar unha maior formación cualificación aos profesionais da hostalaría de Pontevedra, a través dos coñecementos impartidos polo profesorado destes centros de formación profesional.
Por outra banda, o Concello de Pontevedra informa de que Educación xa dispón dunha parcela de máis de 3.600 metros cadrados para a construción do novo Centro de Formación Profesional Carlos Oroza, no barrio da Parda. Educación solicitara, no seu momento, que o Concello ampliara a parcela inicial, de 3.012 metros, por insuficiente. O Goberno local considera que o novo instituto é necesario “para contribuír á imaxe de Pontevedra como capital turística das Rías Baixas”.