Dous colexios galegos, premiados polo FROM

Os colexios Antonio Ínsua Bermúdez, de Vilalba (Lugo), e Flavia de Padrón (A Coruña), resultaron premiados polo FROM dentro da campaña “Por unha alimentación sana, catro racións á semana”, destinada a fomentar o consumo de peixe. Xunto a eles foron premiados centros de Móstoles (Madrid), Arriondas (Asturias) e Mariola (Alacante). En total, participaron na iniciativa 941 centros educativos de todo o país.

No que respecta ás empresas, foron recoñecidas Pescaldía (Producto e Packaging), Pereira e Pescanova (Promoción) e Pescamar (Colectividades).