O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que “a presidencia de España na Unión Europea supuxo claramente un non: non ao sector naval, non ao sector lácteo, non ao sector agrícola, non aos fondos de transición, non aos fondos transfronteirizos e un non ao Xacobeo”. Feijóo lamentou así que, a pesar de que a Xunta de Galicia foi “leal e construtiva desde o primeiro día, traballando con ilusión e de forma activa”, o Goberno central foi “impermeable e insensible a todas as demandas lóxicas e razoadas que trasladou Galicia”.
Sobre o Ano Santo, lembrou que, a pesar de que a Xunta presentou o Xacobeo para que fora relanzado durante a presidencia da UE, a realidade foi que o Cumio de Ministros de Cultura e Turismo que o ministro César Antonio Molina comprometera en Galicia se celebrou en Barcelona. E ningunha das nove reunións previstas en España durante a presidencia relacionadas coa cultura se celebrou en Galicia”.